Hoxe, na sede da entidade, entregáronse os premios correspondentes á terceira quincena que en total suman 500€ en vales de compra e que foron os seguintes:
- Premio de 250 € - Raúl Blanco Ferreirós – Compra realizada en Ginlab
- Premio de 150 € - María Codesido – Compra realizada en Deportes Sr.Balón
- Premio de 100€ - Susana Villar – Compra realizada en a Terraza do Furancho
Xs gañadorxs recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 socixs da patronal Boirense.
Destacar que nesta quincena da campaña rexistraronse 515 tíckets correspondentes a 66 negocios diferentes, aumentando notablemente a participación de clientes de hostalaría e servizos.
A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e o 1 de Setembro realizarase un último sorteo de 500 euros entre todos os tickets rexistrados entre o 16 e o 31 de agosto. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal
Trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo, perruqueiras, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións ... en definitiva calquera gasto realizado nun dos socixs da ABE.
Sorteos cada quincena
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 19 de xullo XA REALIZADO
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto XA REALIZADO
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto XA REALIZADO
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro
Premios
2000 € > 500€ cada quincena
1 premio de 250 €
1 premios de 150 €
1 premios de 100 €